O VALLE

THE VALLEY AND NATURE

O VALLE

Situado entre as Serras de Lourenzá, A Toxiza e as Montes de Enfesta, o Val de Mondoñedo emplázase seo dunhas montañas redondeadas, froito da erosión de millóns de anos, onde o vento, a neve e a choiva semellan facerlle compaña dende sempre. O plano do lugar aparece continuamente debuxado con bosques de piñeiros e eucaliptos, onde tamén se engaden outras árbores, como os castiñeiros, carballos, bidueiros, choupos e salgueiros. Xunto a súa verde vexetación, non falta unha rica fauna silvestre, na que destacan os lobos, os corzos, os xabarís ou as case extintas manadas de cabalos salvaxes.

 

Todos eles, en gran medida, acompañaron aos humanos dende o comezo dos tempos, con vestixios que inician a súa traxectoria na etapa megalítica e que a rematan na actualizade, xa que polo Val pasaron e se deriveron prácticamente tódalas civilizacións que tiveron presenta na historia da Península Ibérica.

É por todo isto que no Val de Mondoñedo poderemos toparnos fronte a suntuosas casas señoriais, que conviven en armonía arquitectónica con humildes construccións, así como cortes e talleres artesanais. Con todo, queda claro que as construccións que nunca pasarán desapercibidas serán os hórreos, convertidas en marabillosas construccións, que ó longo de moitos séculos foros utilizadas polos moradores do Val para convervar os alimentos colleitados da terra.

 

Estes teñen tal grao de personalidade, que fan que moita xente fale de construcións erixidas ao estilo de Mondoñedo. É o caso do cabozo, que básicamente é  un edificio dedicado ás funcións de hórreos, xeralizado na zona de Mondoñedo xa dende os primeiros anos do século XVII, despois da chegada á zona das primeiras plantas de millo, dende  as terras americanas.

 

Malia súa antigüidade, algunhas das montañas aínda son o suficientemente altas como para detectar dende os seus cumes gran parte do Val de Mondoñedo, sendo suficiente ollar o Padornelo para percatarse de que a vila e o val foron, son e seguirán sendo complementarios, e dicir, un, parte do outro.

 

É alí onde, xunto á case sempre verde paixase, camiñaron os seres humáns ó longo dos séculos,  como é o caso da diócese de Britonia, xa existente nas Illas Británicas alá polo século IV, pero dende finais do século V ou comezos do VI foron asentados nas terras galegas, fuxindo dos anglosaxóns que naquel tempo estaban conquistando aquel territorio europeo. A Diócese, que transcorría de Ortigueira ata Navia, non tardou en divisar ó seu primeiro titular, o bispo Mailoc. Máis tarde,  aquela entidade eclesiástica evolucionou para dar lugar a Diócese Mindoniense, xurdida no século IX no auxe da Reconquista que inaugurou o nobre visigodo Pelayo, á beira do cal non tardarían en erixirse moitas aldeas mudadas en asentamentos humáns permanentes.

A todos eles xamáis lles faltou o máis importante dos bens necesarios para a supervivencia, a auga, ademais dos alimentos, posto que aquí, xunto ás montañas, as terras tamén son chás e fértiles. Comparten o espazo xunto cos cristalinos ríos do Rego Cesuras e do Rego Valiñadares, os regatos e as fontes que levan as súas augas ao Masma, que é a canle fluvial máis importante de Mondoñedo, o río que no mundo medieval chamaron Masoma, nome que ben puidera ser utilizado nos tempos preromans e que significaría algo así coma  "moi húmido". Esas augas, ás veces calmas, ás veces enérxicas, coma no caso do célebre Salto Fervenza, móstrannos a grandeza desa natureza que no Val aparece inmersa.

 

Árbores, arbustos e auga, antigos montes e chairas fan do Val Mondoñedo un lugar privilexiado na Galicia, en particular, e en España en xeral. Alí atópanse lugares únicos, envoltos en lendas propias, como a que ten lugar nunha cova, onde segundo a tradición, habitan as ialmas do Rey Cintuolo e a súa filla Manfada.

Turismo Mondoñedo: Praza da Catedral, 34. - 27740 Mondoñedo, Lugo, SPAIN. (EU) - T. 0034 982 50 71 77

Plus code: CJHP+9H Mondoñedo

THE VALLEY AND NATURE