A CIDADE

HISTORY AND CULTURE

¿Soñas con ollar, sentir e respirar nun lugar incrible, onde pasear a través do tempo, recreándote nunhas rúas que te trasladan ao mundo medieval, moderno e contemporáneo? ¿Desexas formar parte das súas festas, coma un máis?

¿Apetéceche sentir que penetras nun entorno privilexiado, onde cun arco da vella se debuxan as súas rúas, prazas e xardíns?

 

Se levabas tempo na procura de todo isto e moito máis, benvindo a Mondoñedo, un paraíso histórico en terras galegas.

 

Porque Mondoñedo, lugar onde viron a luz importantes e ilustres personaxes da historia española, como o novelista Álvaro Cunqueiro ou o compositor Pascual Veiga, é todo iso e moito máis. Acabas de chegar a unha localidade que te acolle, para que formes parte dela dende o primeiro momento e te sintas coma un máis, pois contigo as súas xentes compartirán as súas casas, os seus singulares pazos, as súas festas, o seu entorno e un particularismo cultural que ven herdándose de xeración en xeración ao longo de moitos, moitos séculos. Porque Mondoñedo é arquitectura urbana, gastronomía e natureza. Todo isto sen esquecer as súas festas populares, que son a expresión dun sentimento común, ofertado xenerosamente a todo aquel que visita a vila. Unhas festas entres as que destacan as de San Lucas, datadas do século XII; As Quendas no século XVI; ademais dos Remedios e o seu mercado medieval. Momentos que agora son teus, pero que noutra época foron a morriña dos que tiveron que emigrar ás terras de América, levando nos seus peitos, o soño dunha  pronta volta.

Segundo chega á praza, o viaxeiro non tardará en reparar na súa impoñente catedral, un abraiante edificio románico que conta con oito séculos nas súas pedras, deseñado por arquitectos medievais que, sen dúbida, conseguiron un deseño maxestuoso, consagrado baixo a advocación da Virxe da Asunción e que foi declarada Patrimonio Nacional alá polo ano 1902.

 

Segundo o seu estilo, o templo exhibe no seu exterior unha pedra dura e espida, decorada tan so con algúns abalorios e os musgos de anos e anos de vida. Dentro todo troca, gracias a un retablo único de Fernando de Terán, que está acompañado dunha gran imaxinación e no seu conxunto permite ao visitante admirar un excepcional  templo Cristián.

 

Mais, a pesares da súa grandeza, a catedral non abduce o visitante. Acolle, ensina e devolve ó viaxeiro á cidade, para que poida gozar dela unha vez comprenda a súa esencia. Pois é dende a praza que se extende fronte a súa fachada principal, onde comezamos unha nova experiencia sobre o chan mindoniense.

Porque dela parten, como se dunha inmensa estrela de mar se tratase, as principais rúas da cidade. Rúas empedradas nas que o visitante e o viaxeiro permuta dunha sensación a outra sensación, dende o seco ata o mollado, dende a luz ata a sombra, dende o cheiro doce ata o salgado. Son rúas antigas, pavimentadas con pedras antigas e flanqueadas por casas antigas, onde ao longo dos séculos conviviron xentes impregnadas daquela impronta que emanaba do Camiño de Santiago, a través do cal camiñaron infinitas persoas ao longo dos séculos, na busca das indulxencias otorgadas polo Apóstolo de Xesús, logo de abrazalo na actual capital de Galicia.

 

É nestas rúas onde bule a vidas da vila e dos seus visitantes, onde ó viaxeiro se lle ofrecen os mellores produtos desta terra, que abarca dende vexetais ata artesanía, sen deixar de lado unha rica gastronomía.

Algunhas destas casas extínguense en si mesmas, ó non ter saída, mentres que outras semellan ser engullidas por algún antigo portal. Nembargantes, a gran maioría, levaranos a vilas ou edificios novos e ata agora descoñecidos, como o Santuario dos Remedios, o Hospital de San Pablo ou o Pazo do Rexidor Luaces. Todo isto sen esquecer os seus espazos naturais case infinitos, os antigos mercados gandeiros nin os seus bos restaurantes nos que repoñer forzas.

 

Máis aló do seu máis importante centro urbano, podemos tamén atopar a tranquilidade e a sinxeleza do barrio dos Muiños, convertido nun lugar marabilloso dende onde ollar muiñeiros e artesáns dende o mundo medieval.

 

Máis tamén podemos mirar Mondoñedo dende outras perspectivas, semplemente subindo polas antigas escaleiras do Vía Crucis que nos leva ao Mosteiro dos Picos, dende onde poderemos ter  unha imaxe distinta da localidade, mesturándose nela a arquitectura, sacra ou a profana, imitando o verde da natureza, o azul dos ceos despexados ou o gris da brétema e dos ceos chuviosos.

 

Con todo o narrado e con moito máis, esta vila é Mondoñedo, este é o teu lugar.

A CIDADE

 

Turismo Mondoñedo: Praza da Catedral, 34. - 27740 Mondoñedo, Lugo, SPAIN. (EU) - T. 0034 982 50 71 77

Plus code: CJHP+9H Mondoñedo

HISTORY AND CULTURE